En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cupa pasa a mans dun fondo americano

Trátase da empresa líder mundial en venda de lousa e ten a súa sede na comarca de Valdeorras

O consello de adminsitración de Cupa Group reuníase na xornada do 24 de xuño na súa sede da Medua (Carballeda de Valdeorras). Neste encontro dábase o visto bo á operación de venda das súas accións á empresa norteamericana Carlyle. As negociacións para a venda desta empresa valdeorresa, líder mundial da exportación de lousa e que posúe asemade outras liñas de negocio, veñen xa de meses atrás. Con esta operación dase entrada a un novo fondo estranxeiro no sector da lousa galega.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button