CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Cursiño de primeiros auxilios no CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras

Voluntarias de Cruz Vermella Valdeorras dan aos alumnos de 6º as claves para actuar en caso de accidente

Despois do éxito do ano pasado, o CEIP Condesa de Fenosa do  Barco de Valdeorras repite a experiencia proposta dende Cruz Vermella Valdeorras de dotar aos alumnos dunha formación elemental sobre primeiros auxilios.

Así, na mañá do 17 de outubro os alumnos de 6º de Primaria A asistían a un cursiño intensivo (teórico e práctico) sobre a prevención e, sobre todo, como actuar en caso de accidente. Previr seguindo a conducta AVA (Advertir a situación de risco, Valorar os posibles perigos e Adoptar unha actitude segura); actuar tendo presente a conducta PAS (Protexer o lugar, Avisar a alguén ou ao 112 e Socorrer ao ferido); ou como axudar en caso de atragantamento, son algunhas das leccións aprendidas polos cativos.

A actividade está incluída no programa de Cruz Vermella Xuventude “Coñecer para previr” sobre prevención de accidentes en cativos de 10 a 14 anos. A segunda cita no Condesa de Fenosa será este mércores 19 de outubro de 10 a 12 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button