En portadaÚltima hora

“Curso de orientación de montaña” en Manzaneda e Trives, nesta fin de semana

Unha ducia de persoas asisten a esta acción formativa, enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

 

Do 3 ao 5 de novembro desenvolverase nos municipios de Manzaneda e da Pobra de Trives un “Curso de Orientación en Montaña”, impartido por David Caballlero do programa “Somos de Outono” do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Nesta acción formativa participan unha ducia de persoas.

A actuación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e conta con lugar de impartición das clases teóricas no establecemento de turismo rural categoría A “Pazo da Pena” e de saídas prácticas de orientación en territorio do concello de Manzaneda e da Pobra de Trives.

A actividade iniciábase onte cunha merenda de media tarde no Pazo da Pena, acompañados dun chocolate quente e de bica de Trives e bica de castaña de Manzaneda.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button