Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Uns 225 escolares participan na Rúa na 3ª xornada de orientación en Valdeorras

 

A área recreativa do Aguillón, na Rúa, acollía na mañá deste xoves 12 de xuño a 3ª Xornada Escolar de Orientación en Valdeorras da man do club Our-O, A.D. Valdeorras e o Concello da Rúa, na que participaban uns 225 escolares de catro centros: CEIP Julio Gurriarán e Colexio Divina Pastora, do Barco; e CEIP Manuel Respino e IES Cosme López, da Rúa, ademais dalgúns participantes do club.

 

 

A idea, tal como explica o presidente de Our-O, Pablo Aller, é combinar Primaria con Secundaria. “Para os de 5º o que fixemos foron xogos de orientación con labirintos, un de puzzles e outro de Harry Potter para facelo máis ameno; e despois puxemos unha dificultade que é medio labirinto formando as letras de A RUA”, di Pablo.

A competición estivo distribuída en diferentes espazos ao longo da área recreativa, no antigo campo de fútbol e tamén na zona da Chopeira a carón do encoro.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button