EconomíaEconomíaÚltima hora

Curso de poda da oliveira esta fin de semana en Petín e Quiroga

Esta acción formativa, estruturada en dúas xornadas teórico-prácticas, será organizada pola Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia

 

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia -APAAG- organizará esta fin de semana un novo curso de poda da oliveira dirixido a particulares e profesionais do sector oleícola da comarca de Valdeorras e Quiroga.

Nesta acción formativa, estruturada en dúas xornadas teórico-prácticas, os participantes aprenderán técnicas de poda de formación e produción de árbores novas e de rexeneración ou recuperación de oliveiras autóctonas.

Será impartida polo experto oleícola Ramón Pulgar, o curso dará comezo o sábado 19 de febreiro ás 9:30 h no Teleclube do Concello de Petín, para despois trasladarse a terreo e observar exemplos prácticos. A xornada do domingo, terá lugar nunha aldea do Concello de Quiroga. As prazas para participar no curso, xa están esgotadas. Esta actividade enmárcase dentro das accións de formación que cada ano organiza o colectivo de produtores/as de aceite e aceituna de Galicia.

A APAAG

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, nacía en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

“Desde APAAG, acompañamos aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia”, aseguran dende a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button