OurenseÚltima hora

Curso de “Tracción animal na horta” en Allariz

Esta acción formativa, que terá lugar entre os días 27 e 30 de xuño, será organizado polo GDR Rural Limia Arnoia, xunto coa Asociación Galega de Tracción Animal – Á Molida e Aptran – Associação Portuguesa de Tracção Animal

Allariz acollerá a finais de xuño o curso de “Tracción animal na horta”, organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia, xunto coa Asociación Galega de Tracción Animal – Á Molida e Aptran – Associação Portuguesa de Tracção Animal.

A formación, que terá lugar entre os días 27 e 30 de xuño, desenvolverase na Horta de Mimá na que os e as participantes asistirán a diferentes conferencias impartidas por profesionais como Miguel de “Mimá”, João B. Rodrigues, médico veterinario de APTRAN, Abel Ibáñez Marti, albardeiro e podólogo equino, Óscar Antón Pérez García, enxeñeiro técnico agrícola, e Ruth Labad, bióloga e produtora de hortalizas.

A actividade formativa tamén terá a súa parte práctica na que se afondará na preparación do solo, traballos intercalraes en horta ou manexo e doma de animais para tracción animal, entre outros.

Información e inscricións: http://www.limia-arnoia.gal/traccion-animal-en-horta/

Artigos relacionados

Back to top button