En portadaÚltima hora

Curso de viños do mundo, en Quiroga do 11 ao 14 de decembro

Esta iniciativa, promovida pola xunta directiva da Confraría do Viño de Quiroga, terá lugar na sala de catas o Museo Etnográfico desta vila lucense
Detalle do cartel deste curso.

Viños europeos, pero tamén doutras latitudes como Arxentina, Sudáfrica, Australia ou os Estados Unidos poderán catarse e valorarse no decurso do curso de cata “Viños do mundo” que se impartirá os vindeiros días 11, 12, 13 e 14 de decembro (en horario de 18:30 a 21:30 h.) en Quiroga.

Esta acción formativa, de nivel II, será impartida polo experto Manuel Sánchez. Incluirá unha parte teórica e outra práctica tocando temáticas como a “percepción e interpretación sensorial, a linguaxe do viño”, “viños de España, virtudes e defectos”, “viños do vello mundo-Europa” ou “viños do novo mundo”.

Esta iniciativa, cunha duración total de 12 horas, será organizada pola xunta directiva da Confraría do Viño de Quiroga e terá lugar na Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga. O seu prezo será de de 60 euros e o prazo para anotarse estará aberto ata o sábado día 2 de decembro. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na Casa de Cultura de Quiroga ou chamando ao teléfono 982435125.

Artigos relacionados

Back to top button