O vindeiro 15 de abril comezará a impartirse o curso “Aproximación ao mundo da cata de viños”, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei . Será a primeira das catro sesións desta acción formativa de carácter gratuíto (cuxas 18 prazas xa están completas) que continuará o 16 de abril, o 6 e o 7 de maio.
O curso, que se celebrará en las bodegas Franco Basalo, S.L.U (sesións do mes de abril) e Crego e Monaguillo SL (sesións de maio), pretende formar catadores e “revalorizar o viño e a súa elaboración entre o público asistente”, tal e como se adianta dende a D.O. Monterrei.
Será impartido polos profesionais Iria Otero e Antonio Portela que abordarán cuestións como a iniciación á cata, técnicas de cata, servizo de viño, orixes da vide, variedades de uva, denominacións de orixe ou elaboracións de brancos, tintos e barricas, entre outras.