CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Curso inicial de servizo de voluntariado Europeo

Estase a impartir en Santiago e nel participaban 23 mozos de 13 países diferentes
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, cos participantes no curso de formación dos participantes no Servizo Voluntario Europeo.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, cos participantes no curso de formación dos participantes no Servizo Voluntario Europeo.

Un total de 23 mozos de ata 13 países diferentes participarán no curso inicial do Servizo de Voluntariado Europeo que se desenvolve esta semana en Santiago no marco do programa ‘Erasmus+: Xuventude en Acción’. Estes xóvenes proceden de Alemaña, Italia, Francia, Turquía, Luxemburgo, Austria, Reino Unido, Letonia, Bulgaria, Hungría, Rusia, Finlandia e Exipto. Na mañá do 23 de setembro o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuníase cos participantes nesta acción formativa.

Este curso de formación ten como obxectivos “introducir á persoa voluntaria no país de acollida, facilitando a súa adaptación ao novo contexto social e cultural; proporcionarlles habilidades comunicativas, incluídos aspectos de aprendizaxe intercultural; poñer en contacto ás persoas voluntarias, facilitando a construción de redes; dotar aos voluntarios de habilidades sociais mínimas indispensables para a convivencia, a prevención de conflitos e a xestión de crise; conciencialos sobre as diferenzas culturais e dos distintos modelos de comportamento; e proporcionar un espazo para que os participantes poidan reflexionar sobre os obxectivos de aprendizaxe que poden desenvolver durante o Servizo Voluntario Europeo e planificar o seu proceso de aprendizaxe”, segundo a información achegada dende a Xunta de Galicia.

Ademais 11 destes voluntarios farrán o seu proxecto de voluntariado en Aragón, Asturias, Castela- A Mancha e Castela e León. Os restantes permanecerán en Galicia nas seguintes entidades de acollida: concello do Pino, Amigos da Terra Galicia, asociación recreativa e cultural Os Tilos, escola de tempo libre e animación Don Bosco, Fundación Paideia Galicia, Concello de Boqueixón e a Asociación de Desenvolvemento local Deloa.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button