ConcellosSociedadeÚltima hora

Customizar prendas, unha actividade en familia durante o confinamento

É unha das moitas opcións para compartir cos fillos na casa

Short customizado.

 

Despois de case un mes da declaración do estado de alarma polo coronavirus, os veciños de Valdeorras botan man da imaxinación para intentar levar o confinamento da mellor forma posible.

 

Camiseta customizada.

 

Uns gravan vídeos e interactúan con amigos e veciños a través das redes sociais, outros len, fan exercicio, xogan, ven a televisión,… Tamén os hai que argallan obradoiros para compartir entre pais e fillos, aproveitando afeccións e gustos en común como é o caso de Diana Ortiz Carracedo (ex modelo e procuradora) que comparte coa súa filla Victoria a afección pola moda.

 

Outro short personalizado no obradoiro de customización.

 

Camiseta customizada coa técnica do tie dye.

 

Así nacía o taller nai/ filla de customización. “Xa de cara á primavera verán que será cando poidamos saír, collimos prendas básicas que tiñamos en casa e customizámolas, subíndoas ás redes sociais cada día”, explica Diana, engadindo que utilizan diferentes técnicas como a de tie dye (proceso de tingidos e nós) para darlle un aire novo a camisetas, shorts, pantalóns vaqueiros,…

 

Pantalón cun detalle nun lateral.

 

Outro short personalizado.

Artigos relacionados

Back to top button