
Club Voleibol Ourense vén de facer entrega á AECC de Ourense os fondos recadados con motivo do Día Mundial Contra o Cancro que se celebrou o domingo 4 de febreiro.
As xogadoras do equipo sénior do CVO Hemisferios Ribeira Sacra, Patri e Raquel, foron as encargadas de entregar á presidenta da xunta provincial Mª Isidora Gómez Segade, os 500 euros conseguidos coa venta das 50 camisetas que o club puxo á venda co obxectivo de “aportar unha pequena axuda para financiar os programas que a AECC de Ourense desenvolve durante todo o ano”, aseguran dende o CV Ourense.
O propio club agradece “a todos aqueles afeccionados e seguidores que colaboraron con esta campaña” asegurando que “estaremos sempre dispostos a aportar a nosa axuda e respaldo a todas aquelas iniciativas solidarias encamiñadas a repercutir positivamente na sociedade ourensá”.



