Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

David Corzo anuncia a súa retirada da lista de candidatos do R.U.A.

David Corzo, na presentación da candidatura do R.U.A./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na mañá deste martes 25 de abril, un mes despois de presentarse ante os medios, David Corzo emitía un comunicado anunciando a súa retirada da lista de candidatos do R.U.A. “debido á falta de acordo xurdido nas ultimas horas na confeccion da lista”.

Corzo explica que “tiñamos o acordo verbal dunhas determinadas persoas e o grupo na última reunión do sábado decidía cambialas. Para min e para as persoas que respaldan a miña participación na lista ese cambio non é aceptado. Por iso, tomei esta decisión”, di agradecendo “o apoio a todas as persoas que respaldaran a miña participación”.

Artigos relacionados

Back to top button