Despois da música, chegará a maxia. Dentro do programa deseñado pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco incluirase mañá luns 7 de setembro o espectáculo “A óptica das ilusións” do mago David Méndez.
Está previsto para as 12h. a praza Andrés de Prada. Trátase dunha proposta moi visual e participativa na que despregará un abano de enganos visuais, “diferentes ilusións que reciben os nosos ollos e chegan ao cerebro, dando como resultado a admiración e o asombro”, segundo a organización.