SanidadeÚltima hora

De Nai a Nai organiza una charla sobre as infeccións de transmisión sexual

Será o mércores 20 de marzo a través da plataforma Zoom ás 17:30 horas

 

A asociación De Nai a Nai organiza para o vindeiro mércores 20 de marzo unha charla sobre as infeccións de transmisión sexual, que será impartida pola socia Helia Mariño Méndez, “unha xinecóloga que actualmente traballa no hospital Álvaro Cunqueiro, e que anteriormente o fixo no hospital do Barco”, explican dende a asociación.

A charla será a través da plataforma Zoom ás 17:30h. O obxectivo é “chegar ao máximo número de persoas, tanto adultos como adolescentes, para transmitirlles información actualizada sobre estas infeccións desde un punto de vista preventivo, para contribuír ao mantemento da saúde e previr as súas consecuencias”, por iso a asistencia será gratuíta previa inscrición no correo denaianai@gmail.com

“Helia explícanos que a OMS marcou obxectivos moi claros dentro da Axenda 2030: educar, informar e promover o acceso universal e efectivo á saúde en todo o mundo. A educación sexual é o eixo indiscutible para previr o contaxio de ITS (como o VIH, hepatite ou Papiloma) e curar outras (entre elas, a gonorrea, sífilis, clamidia e tricomona)”, explican dende De Nai a Nai, avanzando que nesta charla, repasarán as ITS máis prevalecentes e analizaremos cal é a realidade actual no noso medio e que nos queda por facer.

Artigos relacionados

Back to top button