EconomíaEconomíaÚltima hora

Degustación de produtos tradicionais de Galicia e Portugal, á beira do Sil, no Malecón do Barco

É unha das actividade paralelas organizadas no marco da feira que está a desenvolver na praia fluvial do Malecón, no Barco

 

Na mañá deste domingo 11 de setembro volvía abrir as portas na praia fluvial do Malecón baquense, o Salón de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, unha das actividades enmarcadas nas Festas do Cristo 2022.  E con el unha nova actividade paralela, desta volta unha cata no Sil.

Da man da enóloga Cecilia Fernández, xerente da viñoteca CF da Rúa, en torno ao mediodía celebrábase unha degustación de produtos tradicionais de Galicia e Portugal (algúns dos presentes na feira), á que asistía unha vintena de persoas que tiveron a oportunidade de catar aceite portugués, viño de Valdeorras, espumosos e tamén de degustar produtos como paté ou queixo, entre outros.

Pola tarde será  o turno dun showcooking-maridaxe con Noelia Fernández (cociñeira en ‘La Tasquería’ de Madrid que ten 1 estrela Michelín) e Jorge Mazaira (director técnico do C.R.D.O. Valdeorras).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button