EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeosViticultura

Degustacións e concurso de pratos caseiros, en “Gastromímate, unha ponte de sabores” no Barco

 

Dentro das actividades que se desenvolvían neste sábado 10 de decembro na praza de abastos do Barco da man de “Gastromímate, unha ponte de sabores” incluíase unha degustación, comentada pola sumiller Mercedes González, un concurso de pratos caseiros de tempada. O prato máis vlorado foi un doce de conchos tradicional da Serra da Lastra, presentado por María Carmen Pacio, mentres que Cándida Barbosa quedou finalista cun cordeiro guisado con castañas.

 

 

Ambas presentaron varias propostas facendo da xornada un encontro moi entrañable. Antes a nutricionista Ana Fernández ofreceu algunhas claves de consumo de produtos de tempada: “alternar hortalizas segundo estean dispoñibles, como non usar tomates fóra de tempada e cambiar a salsas a pratos ou outras alternativas”. Tamén recomendou botar romero, un antioxidante natural, para que o aceite de oliva non se degrade tanto ao fritir.

 

 

A sumiller Mercedes González destacou o potencial da uva godello para os escumosos, recomendando o seu consumo como aperitivo máis que como sobremesa, xa que abre o apetito e refresca o padal.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/os-sabores-de-gastromimate-na-praza-de-abastos-do-barco/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button