Moita música, actividades á beira dos Sil, catro catas de viño e unha infantil e un showcooking. É a oferta en canto a actividades desta edición do SilFests Valdeorras que no mediodía deste sábado 20 de xullo incluía unha demostración culinaria con degustación patrocinada por Mahou con Martín Fernández do Restaurante Bagoa de Ourense.
Unha actividade moi concorrida e en aberto, unha das novidades deste ano. “Temos que cobrar entrada porque senón sería inviable pero si queremos dar a posibilidade a xente de vivir a experiencia este ano con algunha actividade gratuíta polo que faremos a xornada do sábado aberta ata as seis da tarde”, en palabras do director do fesival, Jorge Álvarez, na presentación.
No espazo Florencio, Martín elaborou en directo un rico aperitivo a base de musliños de Pita de Mos crocante.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



