CulturaCulturaÚltima hora

Dende San Xoán de Río a galerías de arte de París e Seúl

Aldealista e a Fundación Joaquín Balsa lanzan unha iniciativa contra o despoboamento con pezas de arte "únicas e exclusivas feitas de recursos naturais deste municipio"

 

O artista ourensán Joaquín Balsa vén de crear unha colección de pequenas esculturas para axudar a restaurar as aldeas galegas aproveitando os seus recursos naturais. Ao visitar a aldea de Castiñeiro (San Xoán de Río), onde naceu o proxecto Aldealista, inspirouse para que a súa obra axude co mesmo propósito que o da plataforma dixital: “ Os pobos non poden desaparecer” .

A primeira colección destas pezas vai estar o 1 de marzo na Galería “ The Muisca Art Space” de París e continuará en Bank Art Fair ( Seúl ) en agosto 23.

Joaquín Balsa e Juan Carlos Pérez, CEO de Aldealista, queren que o proxecto pase por facer un Museo – Escola de Arte Taller na a aldea de Castiñeiro. “Queremos que alumnos e artistas de todo o mundo sómense a este propósito”, din.

 

 

A primeira colección exclusiva das pezas de arte leva un QR co escudo de San Xoán de Río, un municipio que desexa ser capital rural europea. O seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, desexa que estas pequenas esculturas formen parte “dun movemento global e serán un obsequio institucional do Concello”.

Tamén se espera que máis institucións e empresas privadas incorporen o seu logo a esta “solución cultural para o abandono rural e poidan ter a súa propia colección exclusiva”, din os promotores da iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button