
Avanzado xa o mes de xaneiro, cunhas semanas de retraso con con respecto a outros anos, a Liga Galega da Moto de Campo facía público nas redes sociaios o calendario de probas que se celebrarán neste 2025 nas diferentes modalidades (enduro, supercross, resistencia e trial).
A de enduro (e tamén a variedade de mini enduro), é a que conta con máis probas e comezará en marzo en Santa Comba; continuará en abril, na Peroxa; en maio en Taboadela; e en outubro chegará ata San Xoán de Río, no que se celebrará por terceiro ano.
Salvo a primeira proba que é dun só día (domingo) o resto serán dos días. En Río, pechando o mes, o sábado 25 e o domingo 26 de outubro.
En setembro haberá unha proba, aínda por determinar, pechando o calendario a carreira de Gomesende a mediados de novembro.