ConcellosÚltima hora

A Deputación aproba 100.000 euros en axudas a concellos para Deporte, Culutra e Infraestruturas

Pablo Pérez deu conta dos asuntos da Xunta de Goberno.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, celebrada hoxe, 25 de maio, no Pazo Provincial, vén de aprobar un total de 141.128,8 euros en axudas para entidades e concellos da provincia para temas de Cultura, Deporte e Infraestruturas. Así o informou o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, encargado de dar conta dos asuntos tratados en devandita Xunta.

en materia de cooperación coas entidades da provincia, a Xunta de Goberno aprobou, no eido cultural, unha axuda de 10.000 euros para a Asociación Cultural da Castaña, para gastos de funcionamento e mantemento da entidade correspondentes ao ano 2017. No eido deportivo, aprobou unha axuda para a Escudaría Luíntra por importe de 14.800 euros destinado ao Rally Ribeira Sacra 2015, e unha axuda de 12.000 euros para a Unión Deportiva Ourense Club Deportivo, para gastos de funcionamento para a tempada 2015-2016.

Por outra banda, no relativo á cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou dúas axudas para o Concello de Quintela e Leirado, unha delas por importe de 11.427,77 euros destinada a obras de pavimentación de rúas en Chedas e Forxán, e a outra axuda de 13.967,03 euros para a reparación da estación de augas residuais de Quintela. Para o Concello de Sandiás aprobou unha axuda de 22.394 euros para a urbanización da contorna do velorio de Couso de Limia. E, por último, unha axuda para a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense por importe de 56.000 euros para os gastos de funcionamento da entidade correspondente ao ano 2017.

Nesa mesa liña, na xuntanza aprobáronse dúas modificacións do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercizo 2017, unha delas relativa ao Concello de San Cibrao das Viñas, incrementando o orzamento total do proxecto, con cargo á achega municipal, en 10.000 euros, polo que a obra “beirarrúas en Fonteboa-Estrada N-525” pasará a ter un orzamento de 95.000 euros. A outra das modificacións afecta ao municipio da Viega, que incrementa o orzamento total do proxecto “abastecementos e saneamento en Corexido e Casadenodres”, con cargo á achega municipal en 11.490,92 euros, pasando a ter un orzamento de 66.490,92 euros.

Deporte

En materia de Deporte, a Xunta de Goberno aprobou a resolución do concurso para conceder axudas a clubs deportivos da provincia para o 2017, polo que aproban un total de 399.834,44 euros para 103 entidades deportivas en diferentes disciplinas. Tamén aprobou a resolución para a concesión de axudas para as Copas Deputación 2017 pola cal, aproba conceder 84.789 euros en 38 axudas para diferentes disciplinas deportivas.

Artigos relacionados

Back to top button