PolíticaÚltima hora

A deputada socialista Noela Blanco pide no Parlamento galego que se incrementen as prazas da escola infantil de Viana

Era unha das demandas que a deputada autonómica recollía na visita que realizaba á vila en xuño
Noela Blanco co concelleiro Santiago Barja e con outros membros do PSdeG-PSOE de Viana na visita realizada en xuño a esta vila ourensá.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, a ourensá Noela Blanco, vén de presentar no Parlamento galego unha serie de iniciativas para pedirlle á Xunta que aumente o número de prazas públicas de escola infantil do concello de Viana do Bolo de cara ao vindeiro curso. Trátase en concreto de unha proposión non de para o seu debate en pleno e dunha pregunta para a súa resposta oral tamén no pleno. A necesidade de incrementar estas prazas era unha demanda que lle transmitían os socialistas vianeses na visita que a deputada realizaba o 13 de xuño a esta vila ourensa.

Noela Blanco sinala no texto da proposición non de lei que entre os anos 2010 e 2015 os nacementos en Viana se multiplicaron por dez, “o que lamentablemente se traduciu en evidenciar a carencia de prazas públicas de gardería”. Di tamén que actualmente hai sete familias en lista de agarda, “aos que hai que engadir aos nenos e nenas do concello forzados a unha diáspora infantil, na busca dunha praza noutros municipios da comarca”.

Ademais insta á Xunta que incremente o número de prazas públicas na escola infantil do concello ourensán, “ata niveis que se elimine a lista de agarda e non sexa preciso que os nenos e nenas de Viana do Bolo teñan que padecer a emigración de gardería”.

Noela Blanco criticou que o anuncio dun incremento da oferta pública de prazas na Rede Galiña Azul por parte do goberno, que en novembro comprometíase a crear 1.000 novas prazas durante esta lexislatura, “non sexa máis que a continuación das políticas de privatización de servizos públicos iniciada por Feijóo”.

Artigos relacionados

Back to top button