Na mañá deste xoves 17 de abril ao caerlle enriba unha árbore mentres se atopaba nunha pista de monte na parroquia de Hedroso, no concello de Viana do Bolo, tal como informan dende o 112 Galicia que tiña constancia do accidente ás 10:50 horas, a través dunha chamada do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaron, “a vítima non se atopaba atrapada, pero precisaba asistencia sanitaria urxente debido á gravidade das lesións. Por iso, nun primeiro momento, optouse por mobilizar o helicóptero medicalizado para o seu traslado”.
Desde a sala de operacións do 112 Galicia activaban un operativo no que, ademais do persoal sanitario que atendía ao ferido, participaron o GES da Veiga, axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como efectivos de Protección Civil da localidade.
“Finalmente, debido ás condicións meteorolóxicas adversas, non foi posible realizar o traslado aéreo, polo que o ferido foi evacuado por estrada en ambulancia, con posibilidade de lesión medular”, avanzan dende o 112.