EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Derradeira xornada dunha exitosa XLI Feira do Viño de Quiroga

 

Quiroga vive a última xornada da súa XLI Feira do Viño. Esta mañá procedíase á entrega de medallas aos representantes das 12 adegas participantes. Ademais visitaba a mostra o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, quen destacaba que esta feira é, “xunto coa de Amandi e Chantada, unha das máis antigas da contorna”. Segundo subliñou o vicepresidente primeiro, “encontros coma este forman parte dos mellores reclamos para atraer visitantes á Ribeira Sacra, recoñecida pola calidade e a excelencia dos seus viños con denominación de orixe”.

 

 

No acto de entrega de medallas contábase coa presenza do vicepresidente primeiro da Xunta, que estaba acompañado polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; o novo presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, e por outros alcaldes da Ribeira Sacra como son os de Ribas de Sil e Sober.

Esta derradeira xornada da feira continuaba aás 17:30 h co teatro infantil “Mister Blue” na praza da rúa Lago e ás 18:00 h e ás 21:00 h coas actuacións das charangas “NBA” e “Terras do Bibei”.

Fotos: Concello de Quiroga/cedida.

Artigos relacionados

Back to top button