Os procesos de elaboracións de viños brancos, tintos e de barrica e a técnica da cata son algunhas das cuestións que se abordaban nas primeiras sesións do curso “Aproximación ao mundo da cata de viño”, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Desenvolvíanse na adega Franco Basalo, S.L.U, da man de Iria Otero (licenciada en Enoloxía pola Universidade da Rioxa).
No comezo do curso, os 18 alumnos eran recibidos pola presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez, quen lles agradeceu a súa asistencia ao mesmo, además de presentarlles outras accións formativas que prentede levar a cabo esta denominación.
As últimas sesións desta acción formativa serán os días 6 e 7 de maio na adega Crego e Monaguillo SL. Nelas tocaranse cuestións relativas ás orixes da vide, variedades, denominacións de orixe, servizo e cata de viños, tal e como se adianta dende o CRDO Monterrei. Estas clases serán impartidas por Antonio Portela, Master en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo.