Non responden ás tipoloxías habituais de recintos defensivos na comarca de Verín. Por iso estudar os restos arqueolóxicos de Outeiro de Arnás e do Alto do Circo supón afondar no devalar desta zona fronteiriza ao longo da historia. E iso é o que se pretende co proxecto “Prospección Arqueolóxica dos sitios do Outeiro de Arnás e Alto do Circo”, que se presentaba na tarde do 17 de abril na Biblioteca Municipal de Verín.
O acto contaba coa asistencia dos investigadores Rebeca Blanco – Rotea, João Fonte e José M. Costa García, que expoñían a intervención a levar a cabo nesta zona. Esta actuación conta co respaldo do Concello de Verín, do Grupo de Investigación Síncrisis da Universidade de Santiago e do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.
Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.