









































A diversidade e a orixinalidade centraban un ano máis as comparsas e disfraces que na tarde do domingo 2 de marzo paseaban pola vila de Quiroga, acompañadas pola charanga Caliqueños, nun desfile que saía dende a rúa Piscinas e, tras dirixirse cara a rúa Real, remataba fronte ao Concello.
Ao remate do desfile, tras a entrega de premios, o Concello de Quiroga tiña programado un baile de disfraces e unha gran chocolatada para todos os asistentes.
Hoxe, luns 3 de marzo, haberá unha festa infantil de disfraces a partir das 17 horas.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
3 de Marzo de 2025