




































Barallouse a posibilidade de que este ano o desfile de Entroido en Rubiá salise dende a Residencia San Cosme, pero finalmente era novamente dende a praza da Baicela de onde partía na tarde deste domingo 2 de marzo, enchendo de cor e ritmo a localidade.
Numerosas comparsas, algunhas do municipio e outras chegadas de concellos veciños como Vilamartín de Valdeorras, e tamén algún folión, levaban o espírito carnavalesco polas rúas deste concello valdeorrés.
Fotos e vídeos: O SIL.
2 de Marzo de 2025