Dende a praza da Baicela partía o desfile de Entroido que enchía Rubiá de cor e ritmo na tarde deste domingo 11 de febreiro. Numerosas comparsas, algunhas do municipio e outras chegadas de concellos veciños como Vilamartín de Valdeorras, e tamén algún folión, levaban o espírito carnavalesco pola localidade.
O remate do desfile tiña lugar no pavillón onde se celebraba a festa coa música da charanga Unión Phenosa.
Fotos cedidas.