EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Desfile de Entroido do Pablo VI-Fátima da Rúa

Vestidos de hippies, alumnos e profesores percorreron as rúas da vila ata a praza do Concello

Como cada ano, alumnos e profesores do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, celebraban o Entroido na mañá do venres 13 de febreiro. E facíano cunha festa no centro educativo con chocolatada incluída, que remataba co desfile polo pobo e foto de grupo na praza José Antonio Míguez Freire.

Cada ano o difrace co que se visten nenos e adultos, xira en torno a un tema concreto. Nesta ocasión o elixido foi o de hippies, vestindo a cada ciclo cunha cor diferente.

Así, pasadas as 13:30h. a colorida comparsa achegábase ata a praza do Concello rues, logo de percorrer parte do pobo con visita ao Centro de Día incluída.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button