CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Desfile de peiteados e maquillaxe no IES Lauro Olmo do Barco o 14 de marzo

 

O IES Lauro Olmo do Barco acollerá o día 14 de marzo ás 12:45 un desfile de peiteados e maquillaxe. Os salóns de peiteado da vila están convidados así coma as familias e o alumnado do centro. “O obxectivo principal do noso desfile é mostrar as novas tendencias. En canto ás maquillaxes e peiteados, non podemos quedarnos atrás. É a oportunidade perfecta para pór en práctica todo o que os estudantes aprenderon ao longo do curso, demostrando as súas destrezas e habilidades”, explican dende o centro educativo.

Ademais matizan que o equipo encargado deste desfile está formado polos “alumnos e alumnas de formación profesional básica e ciclo de de peiteado encargándose de executa-los peiteados e maquillaxes para as/os modelos antes de que saian á pasarela. Contamos coa axuda dos alumnos de ciclo medio de electricidade, encargados da iluminación, e un alumno do IES Cosme López da Rúa do ciclo de informática, que realizará a montaxe do video e audio do desfile. Temos a gran sorte da implicación de todalas profesoras de peiteado así como de Natalia futura profesora que está cursando o “master de capacitación docente”, asesorándonos no vestuario aportando pezas de roupa da súa colección”, adiantan.

Así mesmo, sinalan que no backstage, “a atmosfera é frenética e chea de enerxía. Os profesionais traballan en equipo para preparar os modelos. Desfilará xente moi diversa que forma parte do equipo do IES Lauro Olmo, persoal de limpeza, dirección do centro, alumnos e alumnas de BACH ESO, FP de diferentes familias profesionais”.

A sincronización é clave. Os modelos deben estar listos xusto a tempo para saír á pasarela. Cada detalle conta, dende a elección da cor dos beizos ata a textura do cabelo. Cando as modelos finalmente saian á pasarela, o traballo do instituto de perruquería e maquillaxe cobrará vida.

Artigos relacionados

Back to top button