EconomíaEconomíaÚltima hora

Desfile polas adegas en Sobrado (Trives) no marco da Festa Medieval

 

Un día despois da de Vilamartín de Valdeoras, no mediodía deste domingo 6 de agosto a comarca Terras de Trives os veciños de Sobrado celebraban a súa particular ruta polas adegas, comendo e bebendo.

 

 

Despois da xornada inaugural da Feira Medieval de Sobrado con diferentes actividades (coroación do Rei; representación do Foral; cea; teatro,…) chegaba o día grande, e con certo retraso sobre a hora prevista pola celebración da procesión de San Salvador, daba comezo do desfile polas adegas do pobo ao ritmo do grupo de gaitas Airiños de Caldelas e o acompañamento do Bispo.

 

 

Pola noite, ás 23 horas, levarase a cabo a representación teatral da Sentencia Inquisición e a Queima da bruxa. Realizarase un xuízo e, trala fuxida da bruxa, os veciños e veciñas percorrerán o pobo facendo ruído ata atopala.

 

 

Ao longo da fin de semana, a vila estivo engalanada lembrando o seu pasado medieval, con diferentes postos de artesanía e comida no mercado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button