A “VII Noite Branca” do Barco tamén se desfrutaba na hostalaría. Nesta edición tan atípica os comercios da campaña entregraban aos seus clientes vales para unha consumición gratuíta (prezo máximo de 2 euros), que podían canxearse en catro locais: Café Teatro Bajo 5, Bar Vinum, Maltería e Piquiño.
O único requisito para conseguir un vale era o de facer unha compra superior a 25 euros. Así, o bo ambiente abarrotou terrazas e establecementos para concluír unha edición da “Noite Branca” moi especial.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos da “Noite Branca”:
https://osil.info/a-vii-noite-branca-anima-o-comercio-barquense/
