EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Desfrutar do enoturismo en Valdeorras e Ribeira Sacra dende a arte da poda

En febreiro a empresa Enoturismo Galicia organizará unhas xornadas de poda

 

A empresa valdeorresa Enoturismo de Galicia vén de lanzar deste inverno unha interesante iniciativa: unha xornadas de poda co título “Vén a poder con nós”, que se desenvolverá nas denominacións de orixe Valdeorras e Ribeira Sacra no vindeiro mes de febreiro.

“É unha viaxe interactiva onde os adultos e os nenos aprenden como esta actividade manual crea como resultado, o froito da vide coas características desexadas pola adega. Primeiramente iremos ao viñedo, onde explicaremos as características de cada variedade”, adiantan dende Enoturismo Galicia.

Así, na actividade aprenderase como podar (que cortar, número de xemas que hai que deixar…) “os seus beneficios para a planta e empezaremos a podar xunto co técnico ou responsable da adega. Posteriormente visitaremos a adega onde explicaremos os procesos de vinificación e realizaremos unha degustación os viños da adega acompañado dun petisco típico da zona”.

Estas xornadas celebraranse na D.O. Ribeira Sacra os días 5, 19, 20, 26 e 27 de febreiro; e na D.O. Valdeorras os días 12, 13, 19 e 20 de febreiro.

Máis información:
https://enoturismogalicia.es/es/rutas/-vente-a-podar-con-nosotros–105

Artigos relacionados

Back to top button