ConcellosO BarcoÚltima hora

Despréndense placas da parte inferior dunha fachada dun céntrico edificio do Barco

 

Sobre as dúas desta madrugada producíase o desprendemento de placas de pedra da parte inferior da fachada dun edificio da céntrica rúa Pérez Lista do Barco. Parte delas quedaban sobre a estrada, polo que se cortou.

O aviso dábase dende o 112 Galicia que alertaba do sucedido á Policía Local do Barco, aos bombeiros do parque comarcal e ao GES Valdeorras. Mentres se procedía a acotar o lugar e se recollían os cascallos a rúa estivo cortada ao tráfico, despois restablecíase a circulación.

Así a Policía local colocaba valos para evitar o tránsito de peóns polo punto do desprendemento e tamén pola outra zona do edificio con placas similares, como medida preventiva.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button