En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Despréndese parte dunha fachada dun céntrico edificio do Barco

 

O forte vento que se rexistraba arredor das nove desta tarde no Barco, debido a unha tormenta seca, causaba o desprendemento dunha parte considerable da protección lateral da fachada dun edificio situado nos números 1-3 da rúa Rosalía de Castro, no centro da vila.

 

 

 

 

Pese a que o material desprendido, de considerable tamaño, caía sobre a rúa (que acostuma ter moito tránsito ao estar situada xunto a un supermercado) non houbo que lamentar ningún dano persoal. Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato Policía Local e o GES Valdeorras.

Fotos: As tres primeiras de Javier Brasa e o resto cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button