DeportesPiraguismoÚltima hora

Destacada actuación dos clubs galegos, entre eles o Fluvial Barco, na 3ª Copa España Sprint no Barco

 

Primeira xornada de competición nacional e galega de aguas bravas no río Sil, ao seu paso polo Barco. O programa da competición iniciábase ás 15h. deste 25 de abril coa primeira manga da Copa de España sprint (velocidade) individual, cuxo percorrido sitúabase desta volta na zona do Cachón, no Barco. O comezo da segunda manga estaba previsto para as 16:45h. Esta proba tamén é campionato galego desta mesma modalidade.

Os clubes galegos realizaban “unha actuación sobresaínte na xornada de sprint con dominio amplo en varias categorías”, tal e como destacaba a Federación Galega de Piragüismo ao facer públicos os resultados. Entre eles destacaba que Noa Díaz Quintián, vén de clasificarse para o Campionato do Mundo absoluto de Banja Luka (Bosnia). “A palista do C. M. e Piraguismo Quixós confirmou o seu gran nivel coa vitoria en K-1 Muller Sénior (51.60) e a prata en C-1 Muller Sénior, asegurando a súa praza no vindeiro Mundial Absoluto”, indicaba a federación.

 

 

OUROS GALEGOS
• K-1 Home Sénior — J. Javier Rodríguez Villamor (C.P. Cidade de Lugo)
• K-1 Muller Cadete — Ángela Abel García (C.P. Cidade de Lugo)
• K-1 Home Veterano — Fernando García Viso (C. Fluvial O Barco)
• K-1 Muller Sénior — Noa Díaz Quintián (Quixós)

🥈🥉 DOMINIOS GALEGOS DESTACADOS
• K-1 Home Sénior: top 5 íntegro galego (1º Cidade de Lugo; 2º–5º Fluvial O Barco)
• K-1 Muller Cadete: podio pleno do C.P. Cidade de Lugo (Abel García, Rodríguez González, Lamas Ceide)
• K-1 Home Veterano: top 5 íntegro galego (Fluvial O Barco, Vilagarcía, Quixós)
• C-1 Muller Sénior: prata Noa Díaz Quintián e bronce Sara Inés Varela Cortiñas (Quixós)
• C-1 Home Júnior: prata Diego Expósito Díaz e bronce Martín Prats Moreiras (Quixós)
• C-2 Home Sénior: prata para C. Fluvial O Barco (Jesús Rodríguez León / Saúl Rodríguez Vega)
• C-2 Muller Sénior: prata C.P. Cidade de Lugo (Devesa / Romero) e bronce C. Fluvial O Barco (Díaz / Paradelo)

Fotos cedidas polo Club Fluvial Barco.

 

Back to top button