DeportesPiraguismoÚltima hora

Destacados resultados do piragüista valdeorrés Adrián Prada no Campionato galego sprint sénior

 

Salientable actuación do padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez (Club Rías Baixas-Boiro) no Campionato Galego Sprint que se disputaba o domingo 23 de xuño en Verducido. Tomaba a saída nas tres modalidades en competición: K1 , K2 e K4, acadando tres finais A.

O sistema de competición consistía nunha contrarreloxo, na que os 9 primeiros pasaban á final A, os 9 seguentes á final B e o resto eran eliminados.

 

 

Así, Adrián Prada nesas finais A quedaba sétimo en K2 sénior na distancia de 500 m, xunto a Joaquín Iglesias; en K1 sénior nos 1.000 m era segundo e en K4 sénior nos 500 m clasificábase cuarto, compartindo barco con Joaquín Iglesias, Pablo Silva e Miguel Ordóñez.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button