ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Destrozan a parte superior do cruceiro da rúa Eulogio Fernández do Barco

Con sorpresa e certa indignación están a reaccionar as persoas que na mañá do 7 de maio pasean entre os cruces entre as rúas barquenses Eulogio Fernández, Estación e Conde Fenosa. Descubrían que a parte superior do antigo cruceiro (catalogado dentro do inventario de patrimonio do Concello), ubicado nesta zona da vila, estaba destruída. A cruz, feita anacos, podía verse aos pés deste elemento patrimonial, xunto co seu capitel.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button