
Dende o Sergas veñen de comunicar o resultado do cribado poboacional de Covid feito na Rúa este domingo, 13 de decembro. Das 1.407 persoas convocadas, realizouse a PCR a 1.065, que é o número de mostras recollidas e analizadas, entre as que se detectaron 6 positivos.
Tal como informan dende Sanidade, “a taxa da mostra dá un valor de incidencia de 563/100.000, un valor comparable coa incidencia global, sen sorpresas”, din, engadindo que dos 6 hospitalizados que hai hoxe, 15 de decembro, no Hospital de Valdeorras, “o 100% proceden da Rúa”.



