OurenseÚltima hora

Detéctase a un cidadán usando medios tecnolóxicos de copiado na proba teórica do permiso de conducir

Fotos cedidas.

 

A Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comunica que no día de hoxe, luns 13 de marzo de 2023, detectouse nas dependencias da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense a un cidadán de nacionalidade paquistaní, residente na provincia de Tarragona, usando medios tecnolóxicos fraudulentos para copiar na proba teórica de obtención do permiso de conducir da clase B.

Desde a dirección Xeral transmiten que o dispositivo utilizado consiste nunha cámara inserta na vestimenta do aspirante, un transmisor en formato tarxeta e un auricular tipo pinganillo en oído onde recibía presuntamente as respostas correctas ás preguntas filmadas pola cámara. A Dirección provincial de Tráfico agradece a colaboración do GIAT (grupo de informes e atestados) da Garda Civil de Tráfico na detección do aspirante.

Esta conduta implica desde a última reforma da Lei de Tráfico (vixente desde o 21/03/2022) unha sanción de 500 euros e a imposibilidade de presentarse a exame ante a DXT durante un prazo de 6 meses. Non existe delito ao non producirse suplantación ou usurpación de estado. Nas fotografías pode verse o sistema utilizado (xersei e móbil con cámara adherida, pinganillo e parte de dianteira de suadoiro con orificio destacado en vermello por onde se filmaba a pantalla da DXT).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button