
A Garda Civil de Ourense (Unidade de Seguridade Cidadá USECIC) cando se atopaban realizando un servizo de seguridade cidadá no Barco de Valdeorras en prevención da venda e consumo de drogas durante as “Festas do Cristo”, o día 13 de setembro procesdía á detención dun veciño de Ourense, como presunto autor dun delito contra a saúde pública (tráfico de drogas)
Interviñánselle 28 gramos de haxix, 1.5 gramos de cocaína (distribuídas en 6 bolsas de plástico termoselladas preparadas para a súa venda), un revóver de aire comprimido e 390 euros en efectivo.