OurenseÚltima hora

Detidas tres persoas como “autoras dun delito de lesións graves”, en Ourense

Tal como indican dende a Policía Nacional, os detidos "golpearon á víctima cunha pa e un martelo causándolle fracturas en cráneo e columna vertebral"

 

O pasado mércores día 9 de abri, a Policía Nacional detiña a “tres individuos aos que se atribúe a autoría das lesións causadas a un home durante a madrugada do pasado día 1 de abril”. A intervención policial producíase por mor da comisión a través da Sala CIMMAC 091, dun”indicativo policial para que se dirixise á zona de Posio-A Sila, onde ao parecer había unha persoa ferida”. Unha vez no lugar, os intervintes localizaron a “un home con diversas feridas e contusións na cabeza, o cal manifestou que fora agredido por un grupo de persoas, utilizando unha pa e un martelo para golpearlle” Ao lugar acudiu unha ambulancia que o trasladou ao Complexo Hospitalario de Ourense.

Axentes do Grupo UDEV (Policía Xudicial) da Comisaría de Ourense levaron a cabo a investigación deste feito, concluíndo esta coa “identificando de tres individuos como presuntos autores da agresión, polo que no mércores 9 de abril, procedeuse á localización e detención dos mesmos por un delito de lesións graves”.

Finalizada a práctica das dilixencias policiais tendentes ao esclarecemento dos feitos, “os tres detidos foron postos ao dispor xudicial”, adiantan dende a Policía.

Artigos relacionados

Back to top button