OurenseÚltima hora

Detido un home por roubo con forza nun bar da zona do Couto en Ourense

 

Axentes da Policía Nacional veñen de deter a un home presunto autor dun delito de roubo con forza cometido nun bar da zona do Couto en Ourense. “O propietario do establecemento denunciaba que o pasado día 15 de setembro deixara perfectamente pechado o seu local e que cando a camareira dispoñíase a abrir o mesmo decatouse de que faltaba todo o diñeiro da caixa rexistradora, sobre setecentos trinta euros. A forma de acceso á mesma foi a través de escalo e a posterior manipulación da xanela que dá ao interior do local, revolvendo o interior e apoderándose do diñeiro que había na caixa rexistradora”, segundo informa a Policía Nacional.

O Grupo de Investigación (UDEV), despois de solicitar información a través de medios técnicos e físicos lograba a identificación do autor dos feitos, procedendo á súa localización e detención por un delito de roubo con forza. O detido, un home de 22 anos e natural da República Dominicana, pasou a disposición xudicial, quedando en liberdade.

Artigos relacionados

Back to top button