OurenseÚltima hora

Detidos 2 homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública en Ourense

Foto cedida pola Policía Nacional.

 

Axentes de Policía Nacional veñen de deter a dous homes como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. O Grupo de Estupefacientes da Comisaría Provincial de Ourense, tendo coñecemento, a mediados de novembro, de que un vehículo con matrícula portuguesa podería dedicarse ao tráfico de substancias estupefacientes na zona do barrio da Carballeira desta localidade, inicia unha investigación.

Establecíase un dispositivo policial na zona e os axentes actuantes localizaban un vehículo con estas características, realizando unha vixilancia sobre o mesmo.

“No día onte, os actuantes observan como estaciona o devandito vehículo e accede ao mesmo outro home para posteriormente facerlle entrega dunha bolsa de plástico que saca do maleteiro.Os Policías interceptan ás dúas persoas, incautando un total de sete quilogramos e medio de haxix portados na bolsa de plástico, procedendo á detención dos presuntos autores dun delito contra a saúde pública, intervindo o vehículo e 100 euros ao vendedor”, segundo vén de informar a Policía Nacional de Ourense.

Posteriormente realizábase un rexistro no domicilio do presunto autor de nacionalidade española, tendo como resultado a intervención de 10.400 euros en billetes, 100 gramos de haxix e 70 gramos de marihuana.

Os detidos son dous homes, un deles de 32 anos de idade natural de Portugal e outro de 39 anos de idade, natural de Ourense. Pasarán no día de hoxe a disposición xudicial, tal e como informa a Policía Nacional.

Artigos relacionados

Back to top button