OurenseÚltima hora

Detidos 2 homes por un roubo con forza nun establecemento da cidade de Ourense

 

A Policía Nacional, xunto coa Policía Local de Ourense, procedían á detención a dúas persoas por un presunto delito de roubo con forza nun local de restauración dunha céntrica rúa da cidade. Os feitos ocorreron na madrugada do día 25 de agosto cando Policía Nacional recibía varios avisos comunicando que no exterior dun establecemento estaba a producirse unha pelexa.

Os axentes trasladábanse ata o lugar, atopándose ao propietario do establecemento, que lles informaba de que despois de pechar o local para o público dispúxose a cear cunha empregada na planta superior do seu restaurante. Cando estaban a cear, oíron como alguén manipulaba a caixa de caudais, polo que ambos baixaron rapidamente podendo dar alcance aos autores do roubo e retelos ata a chegada dos axentes, segundo informa a Policía Nacional.

Momentos despois chegaban ao lugar dotacións de Policía Local e Policía Nacional, facéndose cargo da situación e procedendo á detención dos dous homes que pasan a disposición xudicial.

Artigos relacionados

Back to top button