ConcellosO BarcoÚltima hora

Detidos dous veciños de Éntoma (O Barco) como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas

 

A Garda Civil do Barco de Valdeorras, no marco da operación Éntoma, vén de desarticular un punto de venda de drogas polo miúdo e de deter a dúas persoas. A operación iniciábase no mes de “xullo, tras ter coñecemento de que na localidade de Éntoma municipio O Barco, podería existir un punto de venda de drogas que distribuía á comarca de Valdeorras”, segundo informa a Garda Civil.

Despois de realizar varias investigacións, o día 26 a Garda Civil detiña a dúas persoas de 47 e 45 anos de idade, veciños de Éntoma, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas. Tras practicar un rexistro domiciliario, a Garda Civil incautouse de 1.300 gramos de marihuana, 25 gramos de haxix, e 5 gramos de cocaína, substancias de corte para o procesado da droga, tres básculas de precisión e útiles para empaquetado e distribución da droga.

O caso está en mans do Xulgado de Instrución número dous do O Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button