CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Devoción e lecer a máis de 1.400 metros de altitude

Multitudinaria romaría do Pai Eterno en Lardeira (Carballeda de Vadeorras)

A localidade valdeorresa de Lardeira celebrou un ano máis o Pai Eterno. Unha festa relixiosa que se conmemora tamén noutros lugares pero que neste pobo do concello de Carballeda de Valdeorras, presenta unhas características que a fan especial. Unha delas é a talla que representa ás figuras do Pai, o Fillo e o Espírito Santo, elaboradas a partires dun único trozo de madeira.

A celebración do Pai Eterno varía duns anos a outros e nesta ocasión, o acto central tiña lugar o domingo 11 de xuño, con misas dende as 10 ata as 13h. E antes desta última era cando os veciños sacaban en procesión a peculiar talla. Detrás dela os ofrecidos esperaban o seu turno para pasar por debaixo, pedíndolle favores á Santísima Trinidade ou simplemente facendo ofrecementos por motivos de saúde ou doutro tipo. Ver á xente facer longas colas para pasar por debaixo da imaxe de madeira que tamén toca, é outro dos rasgos distintivos desta celebración que parece resistir o paso do tempo.

E trala misa, na que se cantaron oa “Gozos”, a romaría continuaba co xantar pola zona e baixo a carpa instalada na praza no que non faltou o polbo á feira preparado por Lula Fidalgo. Entre os que ata alí se desprazaron había xente de toda a contorna e de diferentes idades.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición de maio do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button