EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Dez viños da D.O. Valdeorras distinguidos nos Premios Baco colleita 2022

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Vén de facerse público o palmarés dos Viños Baco Colleita 2022. Este prestixioso certame, que promove Unión Española de Catadores, concede os seus recoñecementos nas categorías de Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata, destacando as excepcionais etiquetas brancas, rosadas e tintas da última colleita.

No caso da Denominación de Orixe Valdeorras dez son as marcas premiadas nesta ocasión. Entre elas sobresae o Gran Baco de Ouro logrado polo viño A Coroa (da adega homónima), así como os Bacos de Ouro acadados polo Lagar do Cigur Godello (Adega Melillas e Fillos), polo Viñaredo mencía e o Viñaredo godello (Santa Marta), Quinta da Peza godello e Quinta da Peza mencía (Quinta da Peza) e Verdes Castros Godellos (Terriña).

Así mesmo outros tres viños valdeorreses lograban os Bacos de Prata: o Cepado Godello (O Cepado), D’Berna godelo (Guitián e Blanco) e Joaquín Rebolledo godello.

Estes galardóns (Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata) son outrogados por 50 xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron nunha estrita cata a cega a totalidade dos viños participantes. “Trátase de medallas de indiscutible valor promocional para os mejores viños xoves de España e estamos encantados de que unha decena das nosas referencias xoguen nesta liga”, destacou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras ao respecto das distincións obtidas polos viños da comarca nesta convocatoria.

 

Artigos relacionados

Back to top button