A praza da Baicela foi un ano máis o punto de encontro para os participantes
Tampouco en Rubiá a chuvia impedía que se levase a cabo o desfile de comparsas o Domingo de Entroido. Foi máis curto, iso si, pero ás cinco da tarde dende a praza da Baicela saía a primeira das dezaseis comparsas inscritas este ano no acto central do Entroido no concello valdeorrés.
Entre os participantes, xente de Rubiá, do Barco, da Rúa, Vilamartín ou Quereño. Practicamente todos os centros escolares cos disfraces máis orixinais e vistosos (de circo, de emoticonos, de súper heroes,…) e comparsas moi variadas (de medievais, de galletas, de dálmatas, de ratoz,…).
Tralo pequeno percorrido pola rúa central da vila, a comitiva remataba a festa no pavillón de deportes.
Fotos: Mónica G. Bellver.