O cemiterio da parroquia de Mazaira, en Castro Caldelas, acollía o 4 de novembro o acto pola “Restauración da Memoria Lingüística”, convocado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coa descuberta dunha placa á que deu lectura o párroco e na que rezaba: “En lembranza dos que aquí moran porque grazas a eles, Galicia ten unha cultura e lingua de seu”.
No acto tamén dicía unhas palabras a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, e a representante da citada asociacón, que lles lembrou aos presentes a necesitade de asinar a acta de vontades para que todo o que rodea á hora do noso pasamento se faga na língüa que se utilizou durante a vida, o galego.
Unhas frases ben elexidas, e lidas por unhas veciñas, foron o final perfecto para un acto sinxelo, respectuoso e cargado de emotividade.
Texto e fotos: Raquel Pérez.